Universidade de Vigo

Intranet

Universidade de Vigo
Cabeceira
Telefonía

Explota a rede de centrais telefónicas de que dispón a universidade. Os seus obxectivos son xestiona-los cambios que a dita rede sofre, así como atender e resolve-las avarías. Verbo do primeiro, a maioría débese a cambios na utilización que fan os usuarios/as da rede, os principais son:

Directorio
Solicitudes máis frecuentes
Condicións Económicas do Servicio
Asignación ós diferentes Centros de Gasto
Normas para a redacción dos formularios
Tipos de formularios
Liñas dixitais

Directorio

Existe unha base de datos que actúa como directorio telefónico da universidade na que están rexistrados os usuarios/as de cada extensión de telefóno fixo. Dito directorio é accesible a través da web mediante un esquema de buscas flexibles.

Outro obxectivo do directorio é manter en todo momento a información de quén é o usuario/a de cada teléfono en cada momento co obxecto de imputarlle o seu gasto telefónico ó centro de gasto que proceda.

É importante facer notar que as extensións telefónicas están sempre ligadas ás persoas que as utilizan e non á súa situación física. Por iso cando unha persoa deixa de utilizar, pola razón que sexa, unha extensión, debe de notificalo co formulario correspondente, doutro xeito seguirase a considerar responsable do gasto telefónico da dita liña.

[arriba]

Solicitudes máis frecuentes

  • Alta/baixa de liña: instalación/desintalación dunha liña nova para un usuario/a.
  • Alta/baixa de usuario/a nunha liña existente: rexistrar ou dar de baixa un usuario/a como utilizador compartido con outro(s) dunha liña que xa existe.
  • Cambio de categoría: reconfiguración dunha extensión para poder realizar chamadas doutro ámbito diferente (locais, provinciais, nacionais, etc.).
  • Traslado físico de liña: muda-la ubicación dunha liña a outro sitio.

[arriba]

Condicións Económicas do Servicio

Existe una lista de centros de gasto telefónico entre os que se imputa o uso do teléfono. Estes son os departamentos, facultades, servicios, etc. Dado que o uso do teléfono xera gasto, tódalas solicitudes irán xunto cunha autorización do responsable do centro de gasto correspondente.

As altas de liña nova conlevan un custe de 144,24 Euros (correspondentes a parte do custe da ampliación de centraliña e terminal telefónico). Deberase de adjuntar coa solicitude a RC por dito importe, con cargo o capítulo 6 do correspondente centro de gasto do departamento, escola ou facultade. No caso de que a extensión sexa dixital, sempre e cando quede debidamente xustificado, o custe será de 288,48 Euros.

As baixas de unha liña conleva un abono de 80,00 €. Ditos abonos contabilizaranse no SEINV para compensar ó peche do ejercicio con outras altas ou consumos.

 


Esquema dos procedementos de solicitudes de altas e baixas da telefonía fixa

 

Respecto o consumo regular dos distintos centros e departamentos, existe unha resolución rectoral vixente de data 18 de outubro de 2001 na que se establece un sistema de créditos para cada un de estes centros de gasto. O SEINV emitirá informes de facturación mes a mes co obxeto de ter o dia os diferentes centros e departamentos da marcha do seu consumo así coma de a que usuarios se imputa. Aqueles centros de gasto que o final do ano se excedan do seu crédito deberán de facer frente ó exceso de consumo mediante as correspondetes retencions de crédito.

 


Esquema dos procedementos de cargos dos consumos da telefonía fixa

[arriba]

Asignación ós diferentes centros de gasto

As normas xerais para a imputación do gasto telefónico ós diferentes centros de gasto son as seguintes:

  • Para o PDI, incluídos bolseiros/as, laboratorios, seminarios, etc., será o departamento ó que pertenza.
  • Para todos aqueles teléfonos de uso común dun centro, como poidan ser conserxerías, negociados e delegacións do alumnado, faxes de centro, etc., será o centro de gasto a facultade ou a escola que corresponda.
  • Para o PAS será o servicio central (entendendo por servicio central aquel que ten xefe de servicio) ou, de se-lo caso, o vicerrectorado do que dependan.
  • Existe unha serie de extensión que non tendo unha estreita relación co centro no que se encontran, deben de asignarse a éstes. Ejemplos son: as delegacións de alumnos e locais de asociacions, cafeterías, reprografías, etc… O SEINV ten activada a posibilidade de utilizar tarxetas prepago dende ditas extensións de xeito que soamentes van a xerar consumo en devanditos centros de gasto polas cuotas de abono.

[arriba]

Normas para a redacción dos formularios

  • Será preciso completar en liña tódolos campos dos formularios xa que isto automatiza certos campos en función doutros.
  • No caso de PDI admitiranse varios nomes, un por usuario/a da dita liña que pertenzan ó mesmo centro de gasto (departamento). Incluirase o nome e os dous apelidos de cada usuario/a e ademais cadanseu DNI.
  • En caso de PAS o campo do nome reflectirá o cargo que ocupan e non o seu nome propio.
  • En caso de ser un fax indicarase no epígrafe "nome".

[arriba]

Tipos de formulario

Alta de liña telefónica: solicitarase cando sexa necesaria unha liña nova. O custo desta será de 144,24 euros para sufraga-la parte proporcional de infraestructura necesaria (terminal, tarxeta de extensións, bastidor, cableado, etc.). Terá como consecuencia a asunción por parte do centro de gasto consignado do tráfico cursado pola dita liña. Existen situacións excepcionais nas que se xustifica o uso dunha liña dixital, nese caso o custo da alta será de 288,49 euros .

Alta de usuario/a: cando un usuario/a pase a utilizar (de xeito compartido) unha liña xa existente. O importe do tráfico cursado será repartido entre tódolos usuarios/as (e en última instancia os seus centros de gasto) da liña.

Baixa de usuario/a: equivalentemente poderase dar de baixa aquel usuario/a que deixa de utilizar unha liña. Se é o único usuario/a suporá a desinstalación da liña quedando dispoñibles os recursos (número de extensión). Si procede (o alta de dita liña foi aboada mediante RC emitida polo centro de gasto) o procesaren a baixa, contabilizarase 80 Euros. para compensaren o finales de ano con outros consumos.

Traslado de liña: cando por motivos de traslado dos usuarios/as cumpra cambiar de situación unha liña. Os traslados pódense facer con total liberdade (agás por falla de portos dispoñibles) dentro de cada unha das 3 redes (Vigo, Pontevedra e Ourense). Isto permitirá a conservación do número de extensión coas súas vantaxes correspondentes.

Supletorización de liña: cando por motivos de utilización compartida por varios usuarios/as sexa necesaria a supletorización da liña.

Cambio de categoría: A categoría dunha extensión define, entre outras cousas o ámbito das chamadas (internas, metropolitanas, provinciais, etc.) que se poden facer actuando como mecanismo de contención do gasto.

[arriba]

Liñas dixitais

Existen un tipo de extensións nas que está xustificado o seren dixitais (con display). Estas son:

  • Conserxerías dos centros.
  • Decanatos (1 para a direccion e outra para a secretaría).
  • Xefaturas dos negociados dos centros.
  • Administradores de centros.
  • Xefes de servicio.

Non se encontrará xustificado o cambio a dixital de outras extensións polo feito de ser usadas por persoas que ocupen algún de estes cargos.

[arriba]