Servicios Informáticos de Investigación
Venres, 19 Marzo
Sistemas | Servicios de directorio (LDAP)

Neste documento preténdese dar unha descrición xeral da estructura do servicio de directorio que se mantén nos Servicios Informáticos de Investigación da Universidade de Vigo.

O servicio de directorio permite a busca de usuarios/as de correo da Universidade de Vigo a partir de distintos datos destes, como login, nome, departamento, servicio, etc. De momento mantéñense unicamente os datos dos usuarios dos seguintes dominios:

  • uvigo.es
  • alumnos.uvigo.es
Preténdese que co tempo figuren aquí tamén os usuarios/as de correo doutros subdominios de uvigo.es, incluíndo datos de interese xeral, como poidan ser teléfonos, fotografía dos usuarios/as, etc. En todo caso soamente se farán públicos aqueles datos que non sexan de carácter persoal (nome, apelidos, enderezo de correo, departamento ou servicio, etc.).

Canto ás contas de correo, consúltase, no momento da alta dunha conta, se o usuario/a desexa figurar neste servicio ou non. En caso de que un usuario/o dunha conta de correo non desexe figurar no directorio público de contas de correo (figurará non obstante nun directorio privado utilizado unicamente polos servicios informáticos de investigación como axuda para o servicio de atención ó usuario/a) e atope a súa conta de correo presente no directorio, pode indicar que desexa que desapareza esta entrada no enderezo electrónico do administrador do directorio: ldap@uvigo.es

Tamén se manteñen no directorio LDAP datos de centros, departamentos, listaxes de correo, etc.

En caso de problemas co funcionamento deste servicio póñase en contacto co Servicio de Atención ó Usuario/a (SAUM), na extensión 12668 ou no enderezo de correo saum@uvigo.es; ou co administrador do servicio de directorio, no enderezo de correo ldap@uvigo.es

[arriba]

Contenido do documento

Organización do servicio de directorio
Utilidades que fan uso do directorio
Configuración do soporte LDAP nun cliente de correo

[arriba]

Organización do servicio de directorio

O servicio de directorio proprciónase mediante servidores LDAP funcionando de forma coordinada. Na actualidade tense un único servidor LDAP público, ldap.uvigo.es

  • ldap.uvigo.es [193.146.32.95]
    Servidor LDAP primario, e o único con acceso permitido dende o exterior da Universidade de Vigo

[arriba]

Utilidades que fan uso do directorio

Neste apartado indícanse algunhas utilidades das que se dispón no servidor web dos servicios informáticos de investigación e que utilizan os datos do directorio LDAP

  • Búsqueda de usuarios de correo
    Tense unha páxina para a busca de direccións de correo a partir dos datos do directorio aquí

  • Búsqueda de usuarios de correo (webmail de alumnos)
    Tense unha páxina para a busca de direccións de correo de alumnos a partir dos datos do directorio aquí

Poden atopar mais información sobre o funcionamento do servicio de directorio LDAP nas páxinas de coordinación do directorio de Rediris

[arriba]