Servicios Informáticos de Investigación
Xoves, 11 Marzo
Guía de Servicios do Seinv


Os Servicios Informáticos de Investigación encárganse de todas as infraestructuras informáticas da universidade de Vigo relacionadas coa rede de comunicacións, telefonía, atención a usuarios, web e sistemas. Para elo conta con un centro de atención a usuarios onde se reciben todas as incidencias e con técnicos e enxeñeiros especializados en resolvelas. Nesta web explicanse os servizos ofertados a comunidade universitaria e como tramitalos.

Información xeral
Avarias e instalacións
Rede de datos
Rede telefónica
Software
Correo electrónico
Web
Aulas informáticas
Audiovisuais
Videoconferencia e Multimedia
INFORMACIÓN XERAL

Atención a usuarios/as

A atención a usuarios/as é realizada polo SAUM (Servicio de Atención a Usuarios/as e Microinformática) e faise principalmente por teléfono (de 8 da mañá a 9 da noite), por correo electrónico e nesta páxina web dos Servicios Informáticos.

O teléfono xeral de atención a usuarios/as é o 12668, e o enderezo electrónico é saum@uvigo.es.

Existen outros teléfonos e enderezos de correo electrónico, que son:

Persoal Correo electrónico Teléfono Horario Situación
Vigo-Campus (excepto Teleco) saum@uvigo.es 12668
Fax 12257
De 8 a 21 Biblioteca Central
Vigo-Campus (Teleco) siteleco@uvigo.es 12248 De 9 a 17 Teleco
Vigo-Rectorado saum-re@uvigo.es 13622 De 8 a 15 Rectorado
Ourense saum-ou@uvigo.es 87045 De 8 a 10 Politécnico
Pontevedra saum-po@uvigo.es 02030 De 8 a 10 C. Sociais

 

Enderezo Postal

SAUM
Servicios Informáticos de Investigación
Edificio da Biblioteca Central
As Lagoas-Marcosende. Universidade de Vigo
36200 - Vigo (Pontevedra)

Normativas

Para o uso racional de tódolos servicios seguiranse unha serie de normas que deben deben ser coñecidas polos usuarios/as. Estas normas encóntranse aquí.

[arriba]

AVARIAS E INSTALACIÓNS

Avarías

Para informar sobre calquera avaría da rede informática ou telefónica, hai que poñerse en contacto co SAUM.

Instalación de hardware (impresoras, escáners, etc.)

En xeral o hardware debe ser instalado pola empresa á cal se lle compra. Tamén pode solicitarse a axuda dos Servicios Informáticos poñéndose en contacto co SAUM (Servicio de Atención a Usuarios/as).

[arriba]

REDE DE DATOS

Instalación de tomas de rede

Tódolos centros da Universidade dispoñen de cableado para o acceso á rede de datos e telefónica. Se nalgún lugar non se dispón de tomas de rede, estas só se poden instalar por persoal especializado. Para iso hai que poñerse en contacto cos Servicios Informáticos, os cales farán unha valoración das necesidades e enviaránllelas ás empresas certificadas para que fagan un orzamento. Se este orzamento é aceptado polo centro, departamento ou servicio, procederase á instalación.

Conexión de ordenadores á rede de datos

Para conectar un ordenador á rede de datos é necesario un número IP, asignado polos Servicios Informáticos, e unha tarxeta de rede. Para para solicita-lo IP hai que encher-lo formulario dispoñible aquí, e envia-lo formulario por correo interno. A tarxeta de rede pode mercarse co ordenador, ou ben en calquer tenda de informática (recomendamos a marca 3Com para a tarxeta).

Conexión de varios ordenadores a unha roseta

Neste caso é necesario un dispositivo denominado minihub, co cal se pode dar servicio ata 7 PCs. Estes equipos poden mercarse en calquer tenda de informática (recomendamos a marca 3Com para o minihub). Unha vez mercado, podes instalalo ti mesmo ou ben avisar ós Servicios Informáticos.

Asignación de nomes a ordenadores

Se queremos que un ordenador teña un nome en Internet, dentro do dominio uvigo.es, temos que enche-lo formulario correspondente aquí e envialo por correo interno.

Acceso dende o domicilio

A universidade dispón de contas de acceso por módem para que os investigadores/as e o persoal poidan acceder a Internet dende a casa. Para iso hai que enche-lo formulario dispoñible aquí e envialo por correo interno. As instruccións para configura-lo acceso dende casa pódense ver aquí.

[arriba]

REDE TELEFÓNICA

Telefonía

Os usuarios/as poden solicitar altas, baixas e modificacións no servicio telefónico enchendo os formularios dispoñibles aquí.

[arriba]

SOFTWARE

Software

Nos Servicios Informáticos só distribuímos software legal ou de libre distribución. É moi importante que toda a comunidade se conciencie da necesidade de utilizar legalizado o software. Toda a información e os formularios se encontran aquí.

Antivirus

A Universidade de Vigo dispón dun antivirus de campus gratuíto que todo usuario/a debe instalar no seu equipo. A información encóntrase aquí. Tamén poden pantexarse dúbidas en antivirus@uvigo.es.

Instalación de software

O software debe ser instalado pola empresa provedora ou polo responsable do PC. Tamén pode solicitarse a axuda dos Servicios Informáticos poñéndose en contacto co SAUM (Servicio de Atención a Usuarios/as).

[arriba]

CORREO ELECTRÓNICO

Contas de correo electrónico

Os investigadores/as e o persoal da Universidade de Vigo poden solicitar un enderezo de correo electrónico enchendo o formulario correspondente aquí e enviándoo por correo interno. As persoas que xa dispoñen dunha conta de correo pero estea caducada poden renovala aquí.

Lectura de correo

Para poder ler e enviar correo dende calquera lugar do mundo, temos un servicio de correo mediante web, dispoñible en http://correoweb.uvigo.es/.

Servidor de Alumnos/as

O alumnado dispon dun servidor de correo para enviar e recibir correo, dispoñible en http://www.alumnos.uvigo.es/.

Listas de correo

Toda a información das listas de correo se encontra aquí.

[arriba]

WEB

A Universidade dispón de servidores web onde aloxa-las páxinas web de centros, servicios, departamentos e grupos de investigación. Este servicio debe solicitarse como opción dunha conta de usuario. Pode solicitar unha conta de usuario aquí.

Cando teña a súa conta de usuario pode activalo servicio web dende o acceso web ó correo (https://correoweb.uvigo.es), entrando na opción "Administrar Conta" que aparece na parte inferior da páxina. Para entrar no acceso web ó correo pulse aquí.

Pode atopar máis información sobre o espacio web aquí

Para calquera consulta debe dirixirse ó webmaster.

[arriba]

AULAS INFORMÁTICAS

Aulas Informáticas

As aulas informáticas están xestionadas por bolseiros/as dependentes do centro correspondente, e a eles hai que dirixirse para calquera información.

Aulas Internet

As aulas Internet de Peritos, Biblioteca Central (webcam) e Ciencias Sociais están xestionadas por bolseiros/as dependentes dos Servicios Informáticos. Para calquera información deben poñerse en contacto co SAUM.

[arriba]

AUDIOVISUAIS

Diapositivas, pósters, impresión de documentos

Estas tarefas realízaas o Técnico/a Especialista en Informática da quenda da tarde, dispoñible no teléfono 12668 ou no edificio da Biblioteca Central. Os traballos poden enviarse a graficos@uvigo.es.

[arriba]

VIDEOCONFERENCIA e MULTIMEDIA

Videoconferencia

Existe unha sala de videoconferencia en cada un dos campus da Universidade, para a realización de reunións, clases, etc. Ademais, o campus de Vigo dispón dun sistema integrado móbil, que permite realizar videoconferencias por RDSI e pola rede de datos. Máis información aquí ou por correo electrónico videoconf@uvigo.es.

[arriba]